Preámbulo

Es un Señor-Feiticeiro sobrevivente do Arquipélago de Erret. Un territorio onde centos de illas están conectadas unhas con outras por inmensas pontes. As pontes outorgaron ó Arquipélago grandeza e prosperidade, e permitiron o florecente comercio entre as súas illas. A riqueza do Arquipélago que transitaba únicamente por estas pontes ofrecía a tódo-los habitantes unha vida de confort e despreocupación. Pero hoxe en día, a superpoboación, o esgotamento dos recursos naturais e a cobiza cega dos Señores-Feiticeiros provocaron un desequilibrio cataclísmico no Arquipélago de Erret. Non pasa un día sen que a terra se desfaga e as augas traguen as illas máis fráxiles. Os Señores-Feiticeiros agora loitan entre eles polo control das illas máis altas e seguras do Arquipélago. Para sobrevivir nestes lugares hostís, debes cruza-las pontes e loitar contra os outros Señores-Feiticeiros para facerte coas súas terras.

Preparación

Cada xogador recibe unha carta “Bastión/Forte”. Coloca as 2 cartas “Ponte” no espacio de xogo.

Antes de comezar unha nova partida de Clash of Decks, escolle o formato e modo de xogo que desexas xogar.

Primeiro, escolle un modo de xogo: o modo Solitario se desexas xogar como xogador único, ou modo Duelo se queres xogar con dous xogadores. Modos de xogo adicionais (Cooperativo, por Equipos, Todos contra todos, Legacy…) estarán dispoñibles pronto.

Despois, selecciona un formato: Preconstruído, Draft, Construído.
Nota: se xogas en modo Solitario, non podes escolle-lo formato Cosntruído.

PRECONSTRUÍDO:
Recomendamos este formato para as túas primeiras partidas. Cada xogador selecciona un dos catro mazos preconstruídos. Se xogas en modo Solitario, as cartas dos tres mazos restantes forman o mazo da IA. Só precisas unha copia do Starter Kit para o formato Preconstruído. A continuación están as listas dos 4 mazos Preconstruídos:

  • DECK 1 : ANNIHILATION, BARON, BOOM!, BRUTE, CARAPACE, PARTISAN, REVENANT, TROLL
  • DECK 2 : ABOMINATION, ALPHA, COMBUSTION, LIEUTENANT, MICROCTOPUS, OGRE, SCRIBE, SHAMAN
  • DECK 3 : BRIGAND, DISCIPLE, GNOME, GRRR, MARTYR, METEORITE, PARASITE, VORTEX
  • DECK 4 : ABERRATION, ASSASSIN, CARNIVORE, CYCLONE, MACHINE, MUTANT, REPTILE, ZOMBIE

DRAFT:
Recomendamos o formato Draft despois de probar cada un dos mazos preconstruídos. Neste formato, os xogadores escollen cartas dun mazo compartido para forma-la súa man de 8 cartas únicas. Baralla toda-las cartas formando un mazo de roubo. Despois, revela as primeiras catro cartas deste mazo. O xogador A selecciona unha carta entre as 4 dispoñibles. Despois o xogador B selecciona 2 das 3 restantes. E o xogador A colle a carta restante. Repite esta operación, pero esta vez o xogador B escolle a primeira carta. Repite ata que cada xogador teña 8 cartas. Só precisas unha copia do Starter Kit para o formato Draft.

CONSTRUÍDO:
O formato Construído está destinado a expertos que dominan as mecánicas do xogo e as sinerxias das habilidades especiais. Antes de comeza-la partida, os xogadores forman o seu mazo seleccionando 10 cartas de tóda-las dispoñibles. O xogador A primeiro revela as 10 cartas do seu mazo, boca arriba, e o xogador B escolle unha para eliminala do mazo durante a partida. O xogador B revela despois as 10 cartas do seu mazo, e o xogador A escolle unha para eliminar do mazo durante a partida. O xogador A agora selecciona unha segunda carta entre as 9 restantes no mazo do xogador B para eliminar do mazo. Por último, o xogador B escolle unha segunda carta entre as 9 restantes no mazo do xogador A para eliminar do mazo. Despois de retirar dúas cartas de cada mazo, cada xogador posúes un mazo de 8 cartas. Cada xogador precisa unha copia do Starter Kit para o formato Construído.

Os xogadores barallan as súas cartas, constituíndo a súa man. Despois colocan a carta “Bastión” á esquerda da súa man. Lanza unha moeda para determina-lo primeiro xogador. Para o seu primeiro turno, el comeza a partida con soamente 6 Mana.

Desenrolo

Os xogadores xogan os seus turnos un tras outro. Un turno consiste en 3 fases:

Fase 1 – Rexeneración de Mana:

O xogador gaña tanto Mana como número de cartas na súa man (incluíndo a carta “Bastión/Forte”). O Mana permite paga-lo coste das cartas. Poderá usalo na fase 2.

Fase 2 – Invocación:

O xogador pode gastar o Mana obtido durante a fase 1 para xogar cartas da súa man. Un xogador só pode xogar as 4 cartas máis á esquerda na súa man (sen ter en conta a carta “Bastión/Forte”).

O coste de Mana dunha carta está indicado na parte superior esquerda. O Mana que non se gasta durante o turno pérdese. Un xogador non pode gastar máis Mana que o gañado durante a fase 1.

O área de xogo consiste en dúas liñas. Cando se xoga unha carta, o xogador escolle en qué liña colocala.

Os xogadores invocan as criaturas únicamente no seu respectivo Reino: o xogador A coloca as súas cartas á esquerda das cartas “Ponte” e o xogador B as coloca á dereita. Non hai límite de número de cartas nunha liña. Unha criatura invocada é colocada dende a man do xogador na área de xogo, boca arriba, na liña escollida, detrás das criaturas que xa están en xogo. A carta mantense en xogo ata que é destruída.

Fase 3 – Asalto:

Unha criatura ten Puntos de Vida e un Valor de Ataque.

Unha criatura non pode atacar no turno que entra en xogo. Cada criatura que un xogador controla inflixe o seu valor de Ataque a unha criatura oposta. As criaturas actívanse automáticamente nunha orde determinada: primeiro a liña de arriba, dende a criatura máis alonxada á criatura máis cercana á “Ponte”; despois, a liña de abaixo, dende a criatura máis alonxada á criatura máis cercana á “Ponte”.

Cando unha criatura sufre polo menos tanto dano coma os seus Puntos de Vida, a criatura é destruída. Sufre íntegramente o dano causado polo ataque e a carta volve á man do seu propietario, na parte dereita.

Despois, move tóda-las criaturas na liña cara á “Ponte” polo que cubrirán o espazo. As criaturas rexeneran os seus Puntos de Vida ó final do turno.

Durante un asalto, unha criatura inflixe o seu valor e Ataque á criatura oposta máis cercana na mesma liña. Se non hai criatura oposta que poida ser atacada, a criatura entón inflixe o seu dano directamente ó “Bastión/Forte” do opoñente.

Cando un “Bastión/Forte” sufre dano, móvea tantas posicións á dereita na man do xogador.

Cando un “Bastión” alcanza o lugar máis á dereita na man dun xogador, é destruído: xírao ó seu lado “Forte” e devólveo á esquerda da man. O exceso de dano inflixido ó “Bastión” non afecta ó “Forte”. Cando unha carta “Forte” alcanza a dereita da man dun xogador, dito xogador perde a partida.

Fin da partida

A partida remata cando unha carta “Forte” alcanza a dereita da man dun xogador. O seu opoñente gaña a patida.

Folla de referencia

As criaturas son postas en xogo e permanecen ata que son destruídas.

Unha carta de Encantamento pode ser xogada durante o turno, na fase de Invocación e na fase de Asalto. Un Encantamento pode ter como obxectivo calquera criatura. Un efecto de Encantamento aplícase inmediatamente despois de xoga-la carta. Logo a carta de Encantamento colócase á dereita na man do propietario.

Lista de habilidades especiais

Estos iconos representan as habilidades especiais de algunhas criaturas. Estas habilidades só poden ser consideradas cando a criatura está en xogo.

Salpicar : Inflixe o seu dano á criatura obxectivo E á criatura situada no mesmo lugar na liña veciña.

Perforación : Inflixe dano á criatura obxectivo E á criatura situada detrás dela na mesma liña (non ó Bastión/Forte).

Rabia : Pode atacar criaturas opostas (non ó Bastion/Forte) no turno que entra en xogo.

Protección : En cada turno, reduce a 0 o dano do primeiro ataque dirixido a esta criatura.

Indestructible : Non sufre efectos ou dano de cartas de Encantamento.

Toleado : Cada vez que esta criatura ataca e destrúe unha criatura opoñente, ataca de novo.

Sprint : Cada vez que esta criatura ataca, móvea ata que sexa a criatura máis cercana á Ponte. Por este ataque, inflixe +x dano, onde x é igual ó número de criaturas polas que se desplazou.

Aura : A criatura adxacente benefíciase desta habilidade especial.

Modo solitario – Partida rápida

O modo solitario permite xogar Clash of Decks só, en Partida rápida ou en Partida personalizada. Aplica tóda-las regras do xogo base. Se as regras do xogo base e as do modo solitario se contradín, aplica sempre as regras do modo solitario. A IA refírese á Intelixencia Artificial que te enfrontarás neste modo.

Preparación:

Recibe unha carta “Bastión/Forte”. Coloca as 2 cartas “Ponte” no espazo de xogo.

Baralla 32 cartas e forma unha pila de roubo.

Logo, desvela as 4 primeiras cartas desta pila. Escolle unha carta entre as 4 dispoñibles. A IA obtén as 3 cartas restantes. Repite a operación ata que teñas 8 cartas e a IA teña 24 cartas.

Baralla as túas 8 cartas e coloca a túa carta “Bastión” á esquerda na túa man.

Baralla as 24 cartas da IA e forma un mazo boca abaixo. Coloca a carta “Bastión” ó final do mazo. Ti empeza-la partida. No teu primeiro turno só obtés 6 Mana.

Desenrolo dun turno de xogo:

O teu turno de xogo se desenvolve de maneira estrictamente idéntica ás regras do xogo base. Cando o teu turno remata, comeza o turno da IA:

Fase 1: Rexeneración de Mana

A IA dispón dun montante fixo de Mana. Para unha Partida rápida, o montante fixo é de 6 e o montante variable é de +1 de Mana por cada criatura que teñas en xogo.

Fase 2: Invocación

Revela a primeira do mazo da IA e pona no Reino da IA, na liña superior, detrás das posibles criaturas que xa estén en xogo.

Se o valor total das cartas invocadas este turno non iguala ou excede a cantidade total de mana da IA, revela a seguinte carta do mazo da IA. Logo colócaa no Reino da IA, na liña inferior, detrás das posibles criaturas que xa estén en xogo.

Continúa invocando cartas, alternando entre a liña superior e inferior, ata que o valor das cartas invocadas pola IA iguale ou exceda o seu Mana dispoñible.

Se a IA revela unha carta de Encantamento, a carta apunta sistemáticamente á criatura máis cercana á “Ponte” na liña. Se non hai obxectivo, a carta de Encantamento non ten efecto e é descartada na pila de descarte da IA. A IA non gasta Mana nunha carta de Encantamento que non ten obxectivo. A pila de descarte sitúase preto do seu mazo e está composta polas súas criaturas destruídas e polos seus Encantamentos usados.

Fase 3: Asalto

Cando unha criatura da IA é destruída ou cando un Encantamento é xogado, pon a carta na pila de descarte da IA. Cando a IA sufre un ataque dunha das túas criaturas, colle tantas cartas do seu mazo como dano inflixido e colócaas, boca arriba, na súa pila de descarte.

Cando o mazo da IA se esgota e a súa carta “Bastión” está visible, xíraa e amosa o seu lado “Forte”. Despois, baralla tóda-las cartas da pila de descarte da IA formando un novo mazo e colócao enriba da súa carta “Forte”.

Fin da partida e condicións de victoria:

A partida remata cando una destas dúas situacións ocurre. Se a túa carta “Forte” acada o lugar dereito na túa man, a IA gaña inmediatamente a partida. Ti perdes.

Se o mazo da IA se esgota e a súa carta “Forte” está visible, a IA xoga un último turno. Se sobrevives este último turno, ti gaña-la partida.

Modo solitario – Partida personalizada

¡Modula o nivel de dificultade da IA e intenta progresar ata o nivel 5! Antes de comezar con Partidas Personalizadas, recomendámoste que practiques cunhas poucas Partidas rápidas para aprender e descibri-las regras e particularidades do modo solitario de Clash of Decks.

1/ Despois do draft, escolle un nivel de dificultade:

Fácil: 1 punto de dificultade

Medio: 2 puntos de dificultade

Difícil: 3 puntos de dificultade

Heroico: 4 puntos de dificultade

Mítico: 5 puntos de dificultade

2/ Logo, personaliza a IA segundo o nivel de dificultade escollido:

Determina a cantidade variable de Mana durante a fase de Rexeneración de Mana da IA:

+1 Mana por cada criatura que teñas en xogo (+0 puntos de dificultade).

+2 Mana por cada criatura que teñas en xogo (+2 puntos de dificultade).

Determina a cantidade fixa de Mana durante a dase de Rexeneración de Mana da IA:

6 (+0 puntos de dificultade)

7 (+1 punto de dificultade)

8 (+2 puntos de dificultade)

9 (+3 puntos de dificultade)

10 (+4 puntos de dificultade)

Determina o primeiro xogador:

O xogador (+0 puntos de dificultade)

A IA (+1 punto de dificultade)

Determina a resiliencia da IA:

Sen “Bastión”, a IA comeza a partida directamente co “Forte” (-1 punto de dificultade)

Con “Bastión” (+0 puntos de dificultade)

Determina a resistencia da IA:

Os teus ataques no mazo da IA inflixen tanto dano coma o valor de ataque das túas criaturas (+0 puntos de dificultade)

Os teus ataques no mazo da IA redúcense nun dano (+2 puntos de dificultade)

Determina unha única habilidade especial que teñen tóda-las criaturas:

Ningunha (+0 puntos de dificultade)

Salpicar (+1 punto de dificultade)

Perforación (+1 punto de dificultade)

Rabia (+1 punto de dificultade)

Protección (+1 punto de dificultade)

Toleado (+1 punto de dificultade)

3/ ¡Agora xoga!

Se tes algunha suxerencia ou dúbida sobre as regras, ponte en contacto connosco en info@grammesedition.fr

FAQ – Xeral

¿Podo xogar a Clash of Decks con un só Starter Kit? Só precisas unha copia do Starter Kit para xogar o modo solitario ou o modo duelo (formato Draft). Para o modo duelo (formato Construído), cada xogador debe ter unha copia do Starter Kit.

¿Debo mover as criaturas restantes en xogo cara á ponte se unha criatura máis próxima foi destruída ou deberían deixarse ​​no oco que ocupan ata o final do turno? Cando unha criatura é destruída (e enviada á parte dereita da man do seu propietario), as demáis criaturas deben moverse inmediatamente hacia a ponte para ocupa-lo espazo.

¿É posible non invocar criaturas durante a fase de Invocación? Si, é posible non invocar nada, tanto por elección coma por falta de Mana.

¿Podo xogar tóda-las cartas na miña man (coa excepción da carta Bastión/Forte)? Non, debes conservar polo menos unha. Se a única carta que mantés na túa man é a carta Bastión/Forte, convírtese na carta máis á dereita na túa man e pérde-la partida.

Considerando que só podo xogar ás 4 cartas máis á esquerda da miña man (sen contar a carta Bastión/Forte), ¿son éstas as mesmas 4 cartas para toda a fase de Invocación ou xogar unha carta dame inmediatamente acceso á seguinte carta? Durante a súa fase de Invocación, cando un xogador pon en xogo unha carta da súa man, a súa quinta carta máis á esquerda convértese inmediatamente na súa cuarta carta máis á esquerda. Agora pode xogar esta carta durante esta mesma fase de Invocación ou durante unha fase de Invocación posterior.

¿As cartas que entran en xogo poden colocarse entre cartas xa en xogo na mesma liña? Non, cando unha carta entra en xogo nunha liña debe colocarse detrás da carta máis lonxana á ponte.

Se un ataque inflixe dano en exceso ós puntos de Vida dunha criatura, ¿inflíxese o exceso de dano á seguinte criatura na mesma liña ou ó Bastión/Forte? Non, o exceso de dano pérdese. É posible encaixar un alto valor de atque cunha criatura que só ten uns poucos puntos de Vida.

Cando xogo as cartas que están á esquerda do meu Bastión/Forte, éste automáticamente móvese á esquerda. Pero, cando as criaturas destruídas son devoltas á man, volven á dereita. ¿Entón este sistema actúa como cura? ¡Absolutamente!

¿Canto máis criaturas teña en xogo, menos puntos de Vida e Mana teño? Exactamente, este sistema permite reequilibrar continuamente o poder entre os xogadores.

Se un atque inflixe ó Bastión máis dano que o valor dos seus puntos de Vida, ¿este exceso de dano inflíxese ó Forte? Non, o exceso de dano inflixido ó Bastión non afecta ó Forte.

¿Cando se pode xogar unha carta de Encantamento? As cartas de Encantamento poden entrar en xogo en calquera momento durante a fase de Invocación e a fase de Asalto. Cando se xoga unha carta de Encantamento, normalmente hai que indicar unha criatura como obxectivo. A carta de Encantamento ten que revelarse cando se xoga, e é devolta á dereita da man do propietario cando se resolve o seu efecto.

¿Pode xogarse unha carta de Encantamento máis dunha vez nun turno? Se tes 5 ou menos cartas na man (incluíndo ó Bastión/Forte), é posible xogar unha carta de Encantamento máis dunha vez durante o turno (mentres quede Mana disponible).

¿Os Encantamentos seguen as mesmas regras que as criaturas, que só fan dano o turno seguinte no que se xogan? Non, os efectos dos Encantamentos se aplican inmediatamente.

¿As habilidades especiais se aplican obrigatoriamente? Si, as habilidades especiais aplícanse de xeito automático e sistemático. Deben aplicarse se se pode.

Cando varias criaturas son destruídas ó mesmo tempo con Salpicar ou Perforación, ¿en qué orde se devolven á man do propietario? O propietario destas cartas decide a orde na que se devolven á dereita da súa man.

FAQ – Habilidades especiais

¿Se unha criatura coa habilidade especial Perforación ou Salpicar ataca unha criatura coa habilidade especial Protección, execútase Perforación ou Salpicar? Si, Perforación ou Salpicar execútanse. Só o dano inflixido directamente á criatura coa habilidade especial Protección é absorbido.

Unha criatura é atacada por unha criatura opoñente que ten a habilidade especial Perforación. ¿Se non hai unha criatura detrás da atacada, a Perforación inflixe o dano en exceso ó Bastión/Forte? Non, a habilidade especial Perforación só inflixe dano a criaturas (nunca ó Bastión/Forte).

Se unha criatura posúe as habilidades especiais Salpicar E Perforación, ¿a Perforación actívase tamén sobre a criatura que está detrás da criatura que sufriu Salpicar? Non, Perforación só inflixe dano á criatura detrás da criatura obxectivo do ataque, na mesma liña.

¿Se non hai criatura nunha liña e a miña criatura ataca o Bastión/Forte, actívanse Salpicar ou Perforación? Non, as habilidades especiais Salpicar e Perforación só se activan en criaturas, nunca no Bastión/Forte.

¿A habilidade especial Rabia permite a unha criatura ataca-lo Bastión/Forte no turno que entra en xogo? Non, a habilidade especial Rabia só permite atacar a criaturas opoñentes (nunca ó Bastión/Forte) no turno que entra en xogo.

¿Pode unha criatura coa habilidade especial Indestructible ser obxectivo dun Encantamento? Si. Incluso de non sufrir dano ou efecto, unha criatura coa habilidade especial Indestructible pode ser obxectivo unha carta Encantamento.

Se unha criatura coa habilidade especial Sprint non é a máis próxima á Ponte, ¿fai o ataque dúas veces nun turno: unha co salto e despois uha segunda cando sexa o seu turno outra vez na liña? Non, unha criatura coa habilidade especial Sprint só ataca unha vez por turno.

¿Cando se esgota o bonus de ataque outorgado pola habilidade especial Sprint? O bonus de ataque outorgado pola habilidade especial Sprint permanece activo ata o final de fase de Asalto.

Cando unha criatura coa habilidade especial Toleado destrúe unha criatura e non hai criaturas opoñentes na súa liña, ¿ataca o Bastión/Forte? Si, cando unha criatura coa habilidade especial Toleado destrúe a última criatura opoñente dunha liña, pode atacar outra vez e, polo tanto o obxectivo será o Bastión/Forte (a menos que a criatura entrase en xogo neste truno e puidese atacar grazas á habilidade especial Rabia.

¿Pode unha criatura coa habilidade especial Toleado atacar outra vez cando destrúe o Bastión? Non, a habilidade especial Toleado só se activa cando unha criatura é destruída. O Bastión non é unha criatura.

¿Ata cando unha criatura adxacente se beneficia da habilidade especial outorgada por Aura? A criatura adxacente se beneficia tanto tempo como a criatura con Aura está en xogo. Tan pronto como esta criatura se mova ou abandone a partida (e volva á man do seu propietario), a criatura adxacente perde o efecto outorgado polo Aura.

¿A criatura coa habilidade especial Aura benefíciase da súa propia habilidade? Non, a criatura por si mesma non ten a habilidade especial. Só as dúas potenciais criaturas adxacentes a teñen.

Translation : Sergio Carrera Fernández

Categories: Non classé

0 Comments

Leave a Reply

Avatar placeholder

Your email address will not be published. Required fields are marked *